A Madalena reuniu tradición, gastronomía e deporte popular nos Anguieiros

A aldea de Montefurado celebrou unha nova edición da súa festa patronal cunha ampla programación. Foto MONTERO.

A aldea dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado, celebrou esta fin de semana a Madalena 2025 cunha programación que combinou natureza, tradición e gastronomía. O sábado 19 comezou cunha andaina circular entre Alvaredos e Roblido, cun percorrido de dificultade media-baixa. A ruta, de entre 7 e 8 quilómetros, permitiu aos participantes descubrir a contorna natural e arquitectónica da zona, incluíndo a aldea de Roblido, no concello da Rúa, coñecida pola súa vitalidade demográfica. Pola tarde, a programación continuou con xogos populares e interxeracionais, como a billarda, os bolos ou a chave, seguidos dunha merenda popular amenizada polo grupo Érbedo de Sober. Un dos momentos máis destacados foi a recuperación do Concurso de Madalenas, no que se valoraron presentación, sabor e orixinalidade. As madalenas participantes foron posteriormente degustadas polo público asistente.
O domingo 20 celebrouse o XIII Campionato de Bolos, que contou cunha ampla participación e premios para os mellores xogadores. A xornada continuou cunha alborada a cargo do grupo Abertal, da Rúa, e coa tradicional misa e procesión na honra da Madalena.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dona Manuela Sáez será a Pregoeira das Festas Patronais de Monforte 2025

Seguinte Nova

Ribas de Sil ofrece un verán cultural con música, teatro, historia e actividades para toda a familia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss