Chantada e O Saviñao recoñecidos como concellos de ouro na rede galega de Praias sen Fume

Chantada e O Saviñao foron distinguida esta semana coa categoría de ouro na iniciativa galega Praias sen Fume, promovida pola Dirección Xeral de Saúde Pública. O recoñecemento foi entregado nun acto celebrado en Ponteareas, no que se destacou o compromiso de 85 concellos da comunidade na loita contra o consumo de tabaco en espazos públicos.

100% LIBRES DE FUME
A distinción outórgase aos municipios que declaran o 100 % dos seus areais como zonas libres de fume, e Chantada e O Saviñao figuran entre os dez da provincia de Lugo que acadaron este nivel. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que “crear contornas saudables e limpas é unha mensaxe clara de que vivir sen tabaco é posible”.
A iniciativa, que comezou en 2016 con 19 concellos, suma xa 249 praias e inclúe tamén portos e parques. Desde Sanidade insisten na importancia de protexer á mocidade fronte ás novas formas de consumo, como os vapeadores, e anuncian a próxima aprobación da Lei de protección da saúde de menores e prevención das condutas adictivas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Chantada reactiva os semáforos do cruce xunto ao Centro de Saúde

Seguinte Nova

A Praza Luis García Arias convertirase nun espazo máis accesible e con zonas verdes

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss