
A subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu a pasada semana a Xunta Local de Seguridade de Chantada xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela, para coordinar os dispositivos de seguridade ante os principais eventos do verán. Entre eles, a 51ª Subida a Chantada, que se celebrará do 25 ao 27 de xullo, o Sacra Festival (15 e 16 de agosto) e as festas patronais do Carme, que terán lugar do 21 ao 26 de agosto.
Durante a reunión, tamén se avaliou a colaboración da Policía Local coas forzas de seguridade do estado no marco do sistema VioGén. Rodríguez destacou a importancia da coordinación institucional para garantir a protección das vítimas e a resposta fronte á violencia machista.•




