Gundivós acolleu un taller sobre arte e intelixencia artificial na Casa Museo Genia Trigo

O catedrático Ilia Galán impartiu unha formación sobre a evolución artística desde o romanticismo ata a era dixital. Foto CMGT.

A Casa-Museo Genia Trigo, en Gundivós, acolleu os días 15 e 16 de xullo un taller titulado Desde o Romanticismo á Intelixencia Artificial, dirixido polo catedrático Ilia Galán. A actividade contou coa participación de artistas e representantes institucionais, entre eles o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. O pintor M. Trigo Trigo destacou que “é un privilexio aprender de quen nos axuda a entender os límites da arte”. A Casa-Museo Genia Trigo non só acolle encontros formativos e actividades culturais, senón que se configura como un espazo singular de creación e diálogo, no que é habitual a celebración de tertulias e exposicións. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os tres alpinistas da Ribeira Sacra afrontan o reto de ascender ao Huascarán

Seguinte Nova

Carlos Núñez actuará en Sober dentro da xira Lugares Máxicos dos Concertos do Xacobeo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss