
O Concello de Chantada puxo en funcionamento este martes, 22 de xullo, os semáforos situados no cruce da Avenida de Monforte coa rúa Portomarín e a Avenida dos Pilos, xunto ao Centro de Saúde. A medida chega tras a renovación integral do sistema, que inclúe luces LED de maior visibilidade e menor consumo, así como a actualización do cadro de control e a pintura das estruturas.
Durante os primeiros días, a Policía Local vixiará a zona e colocará sinalización informativa. Os semáforos funcionarán de 9:00 a 22:00 horas, quedando en intermitente durante a noite. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destacou que “era necesario mellorar a seguridade nun punto con moito tráfico e garantir un aforro enerxético para o Concello”.•





