
O sábado 26 de xullo, ás 19:30 horas, o Mosteiro Cisterciense de Ferreira (Pantón) será escenario dun concerto de música clásica con entrada gratuíta. A cita, organizada pola Rota do Románico coa colaboración da Asociación Ribeira Sacra Cultural e a Sociedad de Artistas, Intérpretes y Ejecutantes, ofrecerá un repertorio interpretado por músicos profesionais. O evento busca destacar o valor artístico e arquitectónico do monumento, nunha proposta que mestura patrimonio e cultura. •





