Os tres alpinistas da Ribeira Sacra afrontan o reto de ascender ao Huascarán

Os alpinistas José Manuel Prieto, de Monforte, Tomás Porto, de Pantón e Manuel Vieitez de Sober xa están en Perú. Foto 3Cumios.

O Proxecto 3Cumios, impulsado polos alpinistas José Manuel Prieto, de Monforte, Tomás Porto, de Pantón e Manuel Vieitez de Sober, partiu o pasado 15 de xullo rumbo ao Perú co obxectivo de ascender ao Huascarán, a montaña máis alta do país e a cuarta fóra do Himalaia. A iniciativa, apoiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e pola Xunta de Galicia, combina o reto deportivo coa promoción da Ribeira Sacra e a solidariedade. Parte do orzamento recadado destinarase á compra de material deportivo para escolas de comunidades locais desfavorecidas.
Os deportistas, formados no Club de Montaña Buxán, tamén ascenderán ao Nevado Pisco como parte da aclimatación. A expedición pode seguirse en directo a través da web oficial. Ademais, nos primeiros meses do curso escolar, compartirán a súa experiencia en centros educativos da provincia. A Xunta destaca o carácter “ambicioso e inspirador” do proxecto, que busca visibilizar o alpinismo como ferramenta de superación e compromiso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribas de Sil ofrece un verán cultural con música, teatro, historia e actividades para toda a familia

Seguinte Nova

Gundivós acolleu un taller sobre arte e intelixencia artificial na Casa Museo Genia Trigo

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Elisa Pereira

Falamos con Elisa Pereira, fundadora de La Plantación, un proxecto multidisciplinar enfocado nas diferentes ramas do mundo cultural e artístico P: Que

«500 mulleres na arte»

A exposición «500 mulleres na arte», da artista e investigadora Concha Mayordomo, pode visitarse ata o 30 de outubro en distintos espazos
Ir aInicio

Don't Miss