
O pintor monfortino Carlos González Albo inaugurou o pasado 15 de xullo unha exposición de paisaxes da Ribeira Sacra. Viñedos, canóns e ríos cobran vida en lenzos que recollen a beleza da comarca. A mostra estará aberta ata o 7 de agosto en Monforte.




