Joaquín Hidalgo regresa á Ribeira Sacra para afondar na singularidade dos seus viños

O prestixioso crítico de viños e editor para Sudamérica e España en Vinous.com, Joaquín Hidalgo xunto co Presidente do CRDO Ribeira Sacra, Antonio Lombardia Crespo
Foto CRDORS.

Entre o venres 18 e o martes 22 de xullo, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibiu a visita do recoñecido crítico de viños Joaquín Hidalgo, editor para España e Sudamérica da prestixiosa publicación internacional Vinous.com. Durante a súa estadía, Hidalgo participou nunha cata técnica organizada polo Consello Regulador, na que se analizaron 15 viños —4 brancos e 11 tintos— procedentes de distintas colleitas e estilos, incluíndo elaboracións en barrica e viños de garda.
Esta é a segunda vez que o experto arxentino visita a Ribeira Sacra, tras un primeiro encontro o pasado ano no que xa destacara a riqueza histórica, a diversidade varietal e o potencial enolóxico da zona. Con formación en Enoloxía e Xornalismo, Hidalgo leva máis de dúas décadas escribindo sobre viños e gastronomía en medios especializados. En 2023 foi designado por Vinous.com como sucesor de Josh Raynolds para cubrir os viños españois, co obxectivo de afondar no coñecemento das rexións vitivinícolas do país e das súas variedades autóctonas, así como dos proxectos que están a marcar tendencia no panorama actual.
Desde o Consello Regulador valoran esta visita como unha oportunidade para consolidar a proxección internacional dos viños da denominación. “A Ribeira Sacra está a espertar un interese crecente entre os expertos internacionais, e visitas como esta axudan a recoñecer o traballo das nosas adegas”, sinalan.
Vinous.com, con sede nos Estados Unidos, é unha das publicacións máis influentes do sector, con máis de 1,5 millóns de subscritores en máis de 100 países. A cobertura que Hidalgo realice da Ribeira Sacra poderá contribuír a situar os viños da zona nun contexto global, recoñecendo o seu valor patrimonial, enolóxico e cultural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte reclama melloras na xestión económica e nos servizos ferroviarios

Seguinte Nova

Agromuralla denuncia discriminación ás granxas galegas nos novos contratos do leite

Últimas noticias sobre PORTADA

Estamos en Festas

As Festas Patronais de Monforte continúan este venres 14 cunha programación que combina música, tradición e actividades nas rúas. As celebracións deixaron
Ir aInicio

Don't Miss