José Tomé acompaña a Salvador Illa nun foro sobre modelo territorial e financiamento autonómico

O presidente da Deputación de Lugo participou no almorzo informativo celebrado en Vigo con Salvador Illa e Abel Caballero. Foto GPDL.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou o pasado venres nun almorzo informativo celebrado na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, no que interveu o presidente da Generalitat de Cataluña, Salvador Illa. O acto contou tamén coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e doutras autoridades institucionais e representantes do tecido económico e social.
Durante a súa intervención, Illa expuxo a súa proposta de financiamento autonómico, que permitiría a Cataluña xestionar impostos como o IRPF, mantendo a súa contribución á solidariedade interterritorial. Defendeu que se trata dun modelo exportable a outras comunidades e afastado da confrontación política. “Compartir a prosperidade fainos máis competitivos, máis fortes e máis xustos”, afirmou.
O presidente catalán destacou os vínculos históricos e culturais entre Galicia e Cataluña, e apelou a “construír pontes de consenso” para superar a crispación política. Tamén lamentou que Galicia non se sumase á petición conxunta para solicitar a oficialidade das linguas cooficiais na Unión Europea, e comprometeuse a seguir traballando nese obxectivo.
Illa insistiu na necesidade de establecer un diálogo racional e sen prexuízos sobre o modelo territorial e económico do Estado, e sinalou que “Galicia e Cataluña poden liderar xuntas un novo tempo de entendemento e cooperación”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG promove un espazo de reflexión sobre dereitos LGTBIQA+ e saúde mental

Seguinte Nova

O PP de Monforte reclama melloras na xestión económica e nos servizos ferroviarios

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss