Monforte únese ás mobilizacións pola paz e contra o xenocidio

Membros do goberno local participaron na concentración convocada pola plataforma paralaguerra.es. Foto GPCM.

O sábado 12 de xullo, a Praza de España de Monforte de Lemos acolleu unha concentración convocada pola plataforma paralaguerra.es baixo o lema “Pola Paz, polo fin do xenocidio”. O acto contou coa presenza do alcalde, José Tomé Roca, e de varios membros do equipo de goberno local, entre eles Gloria Prada, José Luis Losada, Regina López e Margarita López.
A mobilización, que se celebrou simultaneamente noutras cidades, apelou á cidadanía a manifestarse sen distincións ideolóxicas nin relixiosas, en defensa dunha paz xusta e do cesamento definitivo do fogo. No manifesto lido durante o acto, destacouse que “a guerra non nos é indiferente, porque é un gran monstro que pisotea toda a pobre inocencia da xente”.

UNHA CRISE HUMANITARIA
A plataforma advertiu da gravidade da situación humanitaria, especialmente para a infancia, e instou á sociedade a transformar a indignación en accións pacíficas e solidarias. A concentración en Monforte sumouse así a un clamor global polo fin da violencia e a protección dos dereitos humanos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Condenados dous acusados por agresións sexuais continuadas a unha menor

Seguinte Nova

O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas ás festas de barrios e parroquias

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss