O festival 17º Ribeira Sacra pecha edición con máis de 3.000 asistentes e un impacto económico superior ao millón de euros

Foto: Mattias Monsterkid

A novena edición do festival 17º Ribeira Sacra celebrouse entre o 18 e o 20 de xullo cunha programación que combinou concertos en espazos singulares, experiencias arredor do viño e actividades culturais que reuniron a máis de 3.000 persoas. O evento, que tivo como escenarios principais os concellos de Sober e Monforte, contou cun cartel encabezado por Julieta Venegas, The Jayhawks, Ángel Stanich ou Exsonvaldes. A organización, a cargo da promotora i-radia Crea, fixo balance este luns destacando o impacto económico xerado, que superou o millón de euros. A ocupación hoteleira foi elevada e máis de 150 persoas traballaron no desenvolvemento do festival. As experiencias paralelas, como os concertos en catamarán polo Sil ou as catas musicais en adegas, reuniron a 400 participantes. O festival, recoñecido durante catro anos consecutivos nos Iberian Festival Awards como mellor microfestival, xa pensa na súa décima edición en 2026, para a que se anuncian novidades. Mentres, a organización celebra o éxito dun formato que aposta pola calidade, a proximidade e a posta en valor da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carlos González Albo expón a súa mirada da Ribeira Sacra en óleo

Seguinte Nova

VIII Romaría de San Lourenzo

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Andrés Suárez

O cantautor ferrolán publicou o pasado 27 de febreiro Lúa, un álbum sumamente personal no que reflexiona sobre as dúas caras do
Ir aInicio

Don't Miss