
A Deputación de Lugo e o Concello de Ribas de Sil formalizaron un convenio de colaboración que supón unha achega provincial de 300.000 euros para o desenvolvemento de diversas actuacións de mellora no municipio, cun orzamento total de 306.323,13 euros. Entre as actuacións previstas destaca a primeira fase da rehabilitación da Casa Ladrillo, cun investimento de preto de 170.000 euros.
As obras contemplan a limpeza e rexuntado dos muros, a rehabilitación da cuberta, substitución da carpintería exterior, reconstrucción do corredor e escaleira tradicional, así como a demolición e reconstrución de anexos. O edificio, situado no centro de San Clodio, acollerá servizos culturais e sociais.
O acordo inclúe a compra de maquinaria e a contratación de persoal para reforzar os labores de mantemento e limpeza de espazos públicos municipais.•



