A Deputación de Ourense apoia un plan de mobilidade sostible para a Ribeira Sacra

O presidente provincial reuniuse co presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián. Foto CPDO.

O presidente da Deputación de Ourense reuniuse co titular do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para abordar o Plan de Mobilidade Sostible que se prevé implantar a partir de 2026. A proposta, que conta con compromiso de financiamento, contempla a creación dunha rede de transportes intermodal e intelixente, baseada no uso de autobuses lanzadeira e embarcacións eléctricas. O plan busca reducir emisións, mellorar a accesibilidade e reforzar a sustentabilidade turística do territorio, ademáis da construción de intercambiadores e a transformación dos embarcadoiros en puntos de transporte eficiente. A iniciativa busca preservar o valor paisaxístico da Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial pola UNESCO. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober promove os produtos locais na XXVIII Feira da Rosca e no VII Túnel do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Entregadas en Sober as bolsas Pintor de Castinandi a tres novos creadores

Últimas noticias sobre SOSTIBILIDADE

Ir aInicio

Don't Miss