A tradición oral e musical da Terra de Lemos protagoniza un novo episodio de Folcast

O proxecto Folcast, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, lanza un novo episodio centrado na Terra de Lemos, onde se recollen diferentes expresións da oralidade e da música tradicional. A condución corre a cargo de Xosé Gago e Vanesa de Vilaesteva, quen realizan entrevistas a persoas vencelladas a este ámbito territorial, sen limitarse a fronteiras administrativas.
Nesta entrega participa Xosé Maceda, exintegrante de Quempallou e construtor de instrumentos de percusión, que achega a súa visión sobre a artesanía musical. Tamén se inclúe unha conversa con Nerea López, da Asociación Veciñal de Fornelas, arredor do impacto social das Foliadas Guímaras da Pobra do Brollón.
O episodio incorpora ademais a adaptación dun conto tradicional a cargo da cantareira e narradora María da Pontragha, xunto con pezas musicais adicionais.
Folcast xa conta con outras dúas entregas dispoñibles en plataformas como Spotify, iVoox, Apple Podcasts e Amazon Music. A primeira aborda o xénero oral do brindo, con Séchu Sende, Nuria Penas e gravacións de brindeiros de Forgas. A segunda céntrase na artista e investigadora Carme López, do Incio, quen reflexiona sobre a evolución da música tradicional desde o seu proxecto Carmela. O seguimento do proxecto pódese facer tamén a través do perfil @folcast_radio en Instagram.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Albores consolida en Monforte un modelo de apoio integral ás persoas con enfermidade mental

Seguinte Nova

O programa «Para Gustos, Cultura» dinamiza o verán galego

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss