A Xunta destaca en Sober e Pantón o apoio aos viñedos da Ribeira Sacra con axudas por 1,3 millóns

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, visitou hoxe as instalacións da adega Alma das Donas.
Foto GPXG.

A Consellería do Medio Rural destinou este ano máis de 1,3 millóns de euros en axudas á conservación da contorna paisaxística e á loita contra a erosión nos viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Así o destacou a conselleira, María José Gómez, nunha visita ao concello de Sober, onde estivo acompañada pola directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez. Nesta localidade lucense, a titular de Medio Rural coñeceu os terreos dalgúns dos viticultores beneficiarios destas achegas, que permiten actuar sobre unha superficie de 810 hectáreas. Sober, con 170 hectáreas aprobadas, é o concello con maior superficie subvencionada.
Días despois, Rodríguez visitou tamén a adega Alma das Donas en Pantón, onde puxo en valor o papel do cultivo tradicional en socalco con muros de pedra na configuración da paisaxe da Ribeira Sacra. As achegas cobren 520 hectáreas en socalco e outras 291 en terreos sen socalcos ou con traballo mecanizado. A directora sinalou que o sector vitivinícola actúa como motor económico e contribúe á fixación de poboación, á remuda xeracional e á dinamización do medio rural. As axudas abranguen parcelas de 16 dos 20 concellos da DO e forman parte dun paquete máis amplo que inclúe medidas como achegas para destilación de crise, promoción do viño ou apoio ao ecorrexime da PAC.
Ademais, o conxunto destas actuacións contribúe á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade da Unesco, coa conservación da súa paisaxe como eixo central. O Goberno galego incide tamén na importancia de reforzar a proxección internacional dos viños desta denominación a través da calidade, a innovación e a diversificación comercial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte acusa a Tomé de inacción ante a perda de conexións ferroviarias

Seguinte Nova

O proxecto Escai explora o uso de drons para transportar uva nos viñedos da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss