Albores consolida en Monforte un modelo de apoio integral ás persoas con enfermidade mental

A asociación atende a poboación vulnerable do sur de Lugo con programas específicos de rehabilitación, inclusión e atención con perspectiva de xénero

As deputadas Katy Varela e Raquel Arias visitaron o centro de rehabilitación da asociación Albores en Monforte.
Foto GPPP.

A asociación Albores continúa a reforzar o seu traballo no ámbito da saúde mental na zona sur da provincia de Lugo cun modelo integral de atención a persoas diagnosticadas con enfermidades mentais e ás súas familias. A entidade, con sedes en Monforte e Chantada, estende a súa actividade a once municipios da contorna e desenvolve programas específicos que buscan mellorar a calidade de vida dun colectivo que afronta barreiras sociais, xeográficas e asistenciais.
Entre as iniciativas en marcha destaca o programa ‘Rede Mente: mulleres e saúde mental’, no que participan 15 mulleres residentes no rural e que conta cun equipo multidisciplinar composto por psicóloga, traballadora social, terapeuta ocupacional e asesora xurídica. A intervención busca mellorar as competencias persoais e sociais das participantes, introducindo unha perspectiva de xénero e interseccional que permite detectar e paliar situacións de dobre vulnerabilidade.
No eido da inclusión social, Albores executa o programa ‘Vive con saúde mental’, centrado na rehabilitación residencial, ademais de contar con dous pisos protexidos e servizos como axuda no fogar especializada, comedor, centro de día e apoio xudicial. A entidade tamén promove accións de prevención do suicidio, respiro familiar, ocio e sensibilización social.
O labor de Albores foi coñecido de preto polas deputadas do PP Raquel Arias e Katy Varela durante unha visita ao centro de Monforte. Na última anualidade, a entidade recibiu máis de 89.000 euros en axudas da Xunta para impulsar os seus programas.
A asociación realiza desprazamentos a domicilios para facilitar o acceso das persoas con dificultades de mobilidade, especialmente no rural, onde a combinación de enfermidade mental e illamento xeográfico agrava a exclusión.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O proxecto Escai explora o uso de drons para transportar uva nos viñedos da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

A tradición oral e musical da Terra de Lemos protagoniza un novo episodio de Folcast

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss