As rutas fluviais en catamarán atraen a máis de 29.000 visitantes á Ribeira Sacra

A oferta da Deputación de Lugo consolídase como reclamo turístico entre marzo e decembro, cunha elevada demanda estival

As rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra permiten descubrir os encantos da Ribeira Sacra desde unha perspectiva única, e están a ter unha gran acollida. Foto GPDL.

As rutas fluviais en catamarán que promove a Deputación de Lugo na Ribeira Sacra rexistraron a participación de máis de 29.000 persoas desde o inicio da tempada, o pasado 22 de marzo, ata a primeira semana de agosto. Esta proposta turística mantense activa ata o mes de decembro e ofrece dúas rutas principais: a do Canón do Sil, con saída desde o embarcadoiro Ponte do Sil, en Monforte de Lemos; e a de Cabo do Mundo, que parte de Belesar Pobo, no Saviñao.
Segundo informou a deputada Pilar García Porto, máis de 13.000 pasaxeiros embarcaron durante os meses de verán, entre o 21 de xuño e finais de xullo. Ademais, xa se contabilizan preto de 14.000 prazas reservadas ata o remate da campaña, o que indica a continuidade da elevada demanda.
A iniciativa consolídase como un elemento clave dentro da oferta turística da provincia, ao permitir descubrir a paisaxe da Ribeira Sacra desde unha perspectiva fluvial. Este servizo encaixa cun modelo de turismo sostible e centrado na experiencia, que contribúe á dinamización económica e á valorización do territorio.
As reservas poden realizarse a través da web reservas.rutasembalses.es, onde tamén está dispoñible a información detallada das rutas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O enoturismo medra na Ribeira Sacra con novos proxectos en Chantada e Sober

Seguinte Nova

A música tradicional volve soar na Ferrería de Seoane co Filandón do Caurel

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss