“Descubrindo Lugo” a golpe de click

En dous minutos, pódense coñecer os mellores recunchos da provincia na serie de vídeos que produce o Servizo de Audiovisuais da Deputación

A Ribeira Sacra, como o conxunto das terras da provincia de Lugo, contan cun escaparate de luxo en internet. “Descubrindo Lugo” é un espazo virtual que, a través de vídeos de dous minutos de duración, amosa a esencia dos tesouros naturais e patrimoniais de toda a provincia. Esta iniciativa, desenvolvida dende o Servizo de Audiovisuais da Deputación, non só vai destinada a divulgar estes recursos naturais, históricos, culturais e etnográficos, senón que tamén busca educar e informar sobre o propio patrimonio, reforzando a identidade lucense.

ROTEIROS, ARTE, ARQUEOLOXÍA E TRADICIÓNS VIVAS DE TODO LUGO, EN TAN SÓ DOUS MINUTOS
Dende que se puxo en marcha esta iniciativa, pódense atopar en internet e nas redes sociais máis de 330 vídeos, que reúnen contidos para todos os gustos. Os amantes da natureza gozarán coas pezas adicadas ás rutas de sendeirismo, os miradoiros e as fervenzas, auténticos espectáculos dunha terra onde a auga é unha das protagonistas.
Por outra banda, é posible facer unha viaxe no tempo en só un par de minutos, sobrevoando os xacementos arqueolóxicos castrexos e romanos, ou penetrando nos museos, igrexas e castelos que conservan a fonda pegada da Historia. Así, resérvase unha atención especial para os espazos de conservación e divulgación, dentro da sección “Descubrindo os Museos de Lugo”. A través destas pezas audiovisuais, pódense coñecer coleccións históricas pero tamén propostas de arte contemporánea, cun formato atractivo que espertará a curiosidade por achegarse a Lugo. Xa de volta ao presente, “Descubrindo Lugo” leva ao visitante virtual a coñecer as vilas e aldeas con patrimonio arquitectónico e tradicións vivas, para completar o amplo panorama que configura aos 67 concellos da provincia de Lugo.

“Descubrindo Lugo” está pensado para as redes sociais. Captura de pantalla.


ALGO MÁIS QUE VÍDEOS
A iniciativa “Descubrindo Lugo” pretende ir máis aló da divulgación turística, para transformar o audiovisual nun vehículo de coñecemento, identidade e patrimonio, levando esta riqueza ao público xeral cun formato atractivo e accesible.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada organiza unha xornada astronómica para observar as Perseidas

Seguinte Nova

Entrevista a Andrés Montes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss