Dez ideas innovadoras chegan á final do Concurso Semente Ribeira Sacra 2025

O xurado escolleu os proxectos finalistas entre máis de medio cento de candidaturas presentadas a esta XI edición. Foto Arquivo Ed. 2024..

Dez ideas empresariais foron seleccionadas como finalistas na XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras un proceso no que participaron máis de 70 persoas e máis de medio cento de propostas que cumprían coas bases. As iniciativas escollidas abranguen un amplo abano de sectores, desde a transformación de residuos vexetais en papel ata a destilación artesanal, pasando pola cosmética ecolóxica, a tecnoloxía aplicada ao viñedo ou a recuperación de espazos rurais con fins culturais e turísticos.
Entre as propostas figuran GALEGHEEÑO, un ghee elaborado con leite de vacas alimentadas a pasto; RESPIRO SOSTIBLE, centrado na creación de papel sostible; ALAMBIQUEIROS DA SACRA TERRA, unha destilería profesional baseada en bagazo local; ou VIÑALERT, sistema de monitorización para vides. Tamén foron seleccionadas iniciativas de turismo personalizado, franquías de produtos galegos, cosmética sólida con auga termal, espazos educativos e unha queixería con visitas e degustacións.
Os promotores participarán nun programa de formación para mellorar a posta en marcha das ideas seleccionadas. Ademais, os tres proxectos mellor valorados polo xurado recibirán premios en metálico de 10.000, 6.000 e 4.000 euros.
A fase final celebrarase o 8 de novembro, cando os finalistas defenderán publicamente os seus proxectos nun acto no Parador de Turismo de Monforte. Nesa mesma xornada terá lugar a entrega de premios e a cea de clausura da undécima edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o chan Festival

Seguinte Nova

Aberta ata o 14 de agosto a convocatoria de axudas do programa Emega para emprendemento feminino

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss