
A tradicional carreira de burros de Escairón contou cun novo triunfo de Dinamita, que acadou o seu cuarto título. A proba, celebrada no marco das festas locais, reuniu a numerosos xinetes e espectadores, malia a ausencia de varios burros por unha avaría no transporte.





