Ferreira de Pantón prepárase para tres días de Festas Patronais

O Concello programa sesións vermú, actividades infantís e verbenas entre o 16 e o 18 de agosto

O Concello de Pantón organiza un ano máis as Festas Patronais de Ferreira, que se celebrarán do 16 ao 18 de agosto en honra a Santa María. A programación inclúe música, actividades infantís e propostas para todos os públicos coa intención de dinamizar social e culturalmente a capitalidade municipal durante a ponte festiva.
As celebracións comezarán o sábado 16 ás 11:30 horas con sesión vermú polos bares de Ferreira. Ás 14:00 horas, a música trasladarase á Praza de Goián. Pola noite, desde as 22:30 horas, celebrarase a primeira verbena a cargo do grupo D´Kriss e unha sesión de DJ.
O domingo 17 terá lugar a misa solemne na honra da patroa, coa actuación do grupo Trícole. As sesións vermú repetiranse tanto en Ferreira como en Goián. Ás 17:30 horas arrancarán as actividades infantís de Infantilandia na Piscina Municipal. Xa pola noite, desde as 21:30 horas, a festa continuará coas orquestras Sinfonía e Principal.
O luns 18 abrirá novamente con sesións vermú desde as 11:30 horas. Pola tarde, as propostas de Infantilandia terán lugar na Praza do Concello a partir das 17:30 horas. A verbena de despedida arrancará ás 21:00 horas e contará coas orquestras Saudade e Combo Dominicano.
Desde o Concello destácase que estas datas coinciden co regreso de moitas familias ao municipio, o que contribúe a revitalizar a vida social local. O goberno municipal anima á participación veciñal e lembra que estas festas son tamén unha oportunidade para dar a coñecer o patrimonio, a paisaxe e a cultura de Pantón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia reforza a vixilancia e a concienciación sobre a auga paragarantir a súa dispoñibilidade futura

Seguinte Nova

O cambio climático obriga ao grupo 3Cumios a modificar a súa expedición nos Andes peruanos

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss