Novo servizo gratuíto de recollida de residuos voluminosos nas parroquias

O Concello prestará asistencia domiciliaria previa solicitude telefónica a partir de mediados de agosto. Foto GPCAPB.

O Concello da Pobra do Brollón poñerá en marcha a mediados de agosto un servizo extraordinario e gratuíto de recollida de residuos voluminosos polas parroquias. As persoas interesadas deben chamar ao 982 430 001, de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, indicando os datos persoais e o tipo de obxectos.
Os residuos deberán deixarse na rúa o día indicado, sempre separados por tipo, sen mesturar nin gardar en bolsas. Recolleranse mobles, electrodomésticos, colchóns, sanitarios ou televisores, pero exclúense refugallos de obras, plásticos industriais ou residuos orgánicos. O Concello apela á colaboración veciñal para evitar verteduras irregulares. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Voluntariado internacional no castro de San Lourenzo na Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Residentes de DomusVi Bóveda completan o DisCamiño 2025 ata Santiago

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss