O cambio climático obriga ao grupo 3Cumios a modificar a súa expedición nos Andes peruanos

Os alpinistas da Ribeira Sacra tiveron que reorientar o seu obxectivo tras constatar riscos extremos na subida ao Huascarán. Foto 3Cumios.

O grupo de montaña 3Cumios, con membros vinculados á Ribeira Sacra, viuse obrigado a replantexar a súa expedición ao Huascarán (6.768 m), o pico máis alto do Perú, tras atopar grandes fendas e pontes de xeo en risco de colapso pola aceleración do desxeo. Segundo informaron os propios expedicionarios, “ningunha cordada está a subir actualmente” debido ás condicións adversas. O prestixioso alpinista peruano César Rosales advertiu do “extremo risco” pola subida das temperaturas. Ante esta situación, o grupo acometeu a ascensión ao Nevado Pisco (5.757 m) e ao Vallunaraju (5.686 m), dúas cimas da Cordilleira Branca que lograron coroar en condicións de total autonomía e con mochilas de máis de 25 kg. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ferreira de Pantón prepárase para tres días de Festas Patronais

Seguinte Nova

O Torneo de Ping Pong de Pantón clausura a súa segunda edición

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss