
Chantada acollerá do 21 ao 26 de agosto as Festas Patronais na honra á Virxe do Carme cunha ampla programación onde destaca o Folión de Carros, Festa de Interese Turístico Galego e Ben de Interese Cultural desde 2018. O desfile celebrarase o sábado 23 a partir das 23:00 horas, con actividades previas como pasarrúas, cabezudos e a actuación da Banda de Gaitas, pechando a xornada a orquestra Tango na Praza de Santa Ana. As festas inclúen tamén o XXXIV Certame de Bandas de Música, a Festa da Empanada no día 26 e o “Ata o Chan Festival” de DJs, o día 22. Ao longo da semana haberá concertos en varios escenarios con orquestras como Olympus, Cinema, Top Líder, Gran Parada, París de Noia e Capitol, así como animación de rúa e actividades infantís. Desde o Concello convídase a veciñanza e visitantes a participar dunha “programación que busca dinamizar a restauración e a hostalaría local. Se a climatoloxía nos acompaña as festas serán boas para todos”, asegura o alcalde Manuel Lorenzo Varela.•





