O proxecto Escai explora o uso de drons para transportar uva nos viñedos da Ribeira Sacra

A iniciativa busca reducir riscos laborais e custos na viticultura heroica mediante aeronaves non tripuladas

Un dron transporta uvas dende os socalcos dun viñedo da Ribeira Sacra, nunha demostración do proxecto Escai. Foto ESCAI.

O Auditorio Municipal de Chantada acolleu este martes a presentación do proxecto piloto Escai (Espazos Aéreos Comerciais Innovadores), unha iniciativa impulsada pola empresa Ineco co apoio da Axencia Estatal de Seguridade Aérea e outras entidades, coa que se pretende introducir o uso de drons nos viñedos da Ribeira Sacra. Ao acto asistiu a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, que salientou o potencial deste proxecto para a modernización sostible dun sector de alta complexidade técnica e física como é a viticultura heroica.
Durante o evento explicouse o marco normativo que regula a utilización de aeronaves non tripuladas neste tipo de operacións, realizouse unha demostración práctica da plataforma dixital Escai e detallouse o procedemento para que viticultores e provedores poidan rexistrarse e operar dentro do ecosistema. A solución tecnolóxica desenvolvida consiste nun sistema de dron de carga equipado cun cabrestante que permite elevar cargas de ata 30 kg de uva directamente dende os socalcos, sen necesidade de aterraxe, e transportalas ata un punto de acopio.
A viticultura da Ribeira Sacra desenvólvese en pendentes que poden acadar o 85 %, o que imposibilita a mecanización e obriga á extracción manual da uva durante a vendima. Esta circunstancia implica un alto esforzo físico e risco de accidentes para os traballadores, ademais de elevados custos produtivos que ameazan a continuidade desta actividade. O sistema Escai ofrece unha alternativa que podería reducir os riscos laborais, axilizar a recollida e preservar tanto a calidade da uva como a integridade dun patrimonio paisaxístico único.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destaca en Sober e Pantón o apoio aos viñedos da Ribeira Sacra con axudas por 1,3 millóns

Seguinte Nova

Albores consolida en Monforte un modelo de apoio integral ás persoas con enfermidade mental

Últimas noticias sobre NOVAS TECNOLOXÍAS

Ir aInicio

Don't Miss