Sarria vibra co espectáculo extremo do Descenso Urbano Vila de Sarria

Foto: Montero

O centro de Sarria converteuse, por duodécimo ano consecutivo, nun circuíto de alta dificultade para amantes do ciclismo extremo, coa celebración do Descenso Urbano Vila de Sarria. A cita, organizada polo club DH Galicia, reuniu ao longo de dúas xornadas a algunhas das figuras máis recoñecidas da modalidade a nivel estatal, que ofreceron ao público espectaculares baixadas e acrobacias en plena rúa Marqués de Ugena.
O venres, primeira das dúas xornadas, destacou pola celebración do DIRT Vila de Sarria, unha modalidade na que os participantes deben realizar todo tipo de manobras e piruetas durante o perigoso percorrido urbano. Nomes como Marco Veiga e Toni Ferreiro foron protagonistas dun espectáculo visual que volveu converter a proba nun referente do calendario nacional.
O sábado celebrouse a proba cronometrada, na que Marco Veiga, do club Ciclos Quintena, marcou o mellor tempo (1.24.833) na categoría absoluta masculina. Tras el clasificáronse Toni Ferreiro (1.25.910), de Coruxo, e Kevin Xoel Méndez (1.26.750), de Rocasport Giant. Moi preto do podio quedou Jorge Luis López, do DH Galicia, cun rexistro de 1.29.711.
Na categoría feminina, o mellor tempo foi para Alba Arias (Ciclos Quintena), que completou o trazado en 1.40.445. Eva Castro, en representación da Federación Galega de Ciclismo, foi segunda con 1.47.930.
Tamén houbo competición nas categorías base e veterás. Entre os sub-23 venceron Héctor Quinteiro (Team Bici Verde-Bopapel) e Cristina Menéndez (Cuetos Bike). Nos demais grupos impuxéronse David López (júnior), Miguel Blanco (cadete), Daniel Ruiz (máster 30), Víctor Sáenz (máster 40) e José Manuel Quintas (máster 50).
O evento reafirmou a vila de Sarria como referente e punto de encontro do ciclismo de descenso urbano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novos éxitos para o Club Quixós de Monforte

Seguinte Nova

Rematan as obras de mellora do aeródromo de As Lamas, xa operativo con voos de fóra de Galicia

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss