Besteiro criticou a xestión da Xunta nos incendios e reclamou máis recursos para o rural

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro o presidente da Deputación, José Tomé, e alcaldes da Ribeira Sacra, visitaron algúns dos terreos perxudicados polos incendios. Foto GPDL.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, abriu en Ourense o curso político cun encontro de alcaldes, alcaldesas e voceiros socialistas de toda Galicia, no que participaron tamén os presidentes das deputacións de Lugo e A Coruña, José Tomé e Valentín González Formoso, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela. A cita contou con rexedores de Vigo, Monforte, Cerceda e Ribeira de Piquín, así como cos da provincia de Ourense máis afectados polos incendios, e coa presenza online doutros concellos.
Besteiro explicou que a reunión dá cumprimento á promesa feita en Vilamartín de Valdeorras tras a vaga de lumes, para analizar o sucedido e preparar unha resposta política. Sinalou que a prioridade inicial foi protexer vidas e bens, pero agora toca pedir responsabilidades a un PP que cualificou de “incompetente” e “neglixente”.
O líder socialista lembrou que a Xunta non aplicou as medidas acordadas no ditame sobre incendios de 2018 e denunciou a falta de planificación ante a emerxencia climática.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pontón pide a dimisión de Rueda pola xestión da vaga de lumes

Seguinte Nova

Rueda chama á unidade para avanzar na recuperación tras os incendios

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss