Clausurado o obradoiro de emprego A Pinguela II con 20 alumnos formados en albanelaría e carpintería

O programa contou cun investimento de 417.928 euros e incluíu actuacións de rehabilitación nas instalacións da Escola Obradoiro e en elementos de mobiliario urbano. Fotos GPXG.

O Concello de Monforte de Lemos e a Xunta de Galilcia clausuraron esta semana o obradoiro dual de emprego “Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela II”, que contou cun investimento total de 417.928 euros procedentes de fondos estatais, autonómicos e municipais.

FORMACIÓN EN DÚAS ESPECIALIDADES
O alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e pola directora territorial de Emprego, Carmen José López, entregou os diplomas e certificados de profesionalidade aos vinte alumnos e alumnas participantes.
O programa desenvolveuse entre decembro de 2024 e agosto de 2025, cunha duración de nove meses, e incluíu formación en dúas especialidades: albanelaría, con doce participantes, e carpintería, con oito. O cadro de persoal completouse con dous docentes, unha directora e unha administradora.
As actuacións realizadas permitiron rehabilitar o alpendre anexo á nave do taller de cantería, restaurar o almacén auxiliar, construír soportais de madeira nas entradas de varios módulos e acondicionar espazos interiores da parcela. Tamén se interveu en elementos de mobiliario urbano municipal, como bancos, papeleiras e xardineiras, mellorando o seu estado de conservación.
O rexedor destacou que, ademais da formación, o Concello comprometeuse a apoiar a inserción laboral mediante incentivos ás empresas que contraten alumnado durante un mínimo de tres meses, cunha achega de 1.500 euros por persoa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribeira Sacra Next abre o proceso electoral para elixir a súa primeira Xunta Directiva

Seguinte Nova

Chantada ofrecerá obradoiros para impulsar proxectos locais nas redes sociais

Últimas noticias sobre EMPREGO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss