Monforte adxudica o novo contrato do bus rural gratuíto para as parroquias

O servizo contará cun vehículo novo adaptado e rotas fixas de luns a venres. Foto ARQUIVO.

O Concello de Monforte vén de adxudicar o contrato para a posta en marcha do novo servizo de transporte público nas parroquias do municipio, logo de aprobar a concesión á empresa Palacios Bus S.L., única licitadora, por un importe de 972.759,55 euros e cun prazo de duración de dez anos. O contrato prevé a incorporación dun autobús novo, modelo Scania con 41 prazas, adaptado para persoas con mobilidade reducida e dotado de tecnoloxías de seguridade, accesibilidade universal, xeolocalización e sistema de información ao usuario.
O servizo estrutúrase en cinco rutas principais e unha adicional, que conectarán as parroquias co centro urbano, con paradas en puntos estratéxicos como a estación de tren, a estación de autobuses, o Hospital Comarcal e o aparcamento do Parque dos Condes. O horario será de luns a venres, entre as 8:00 e as 15:00 horas.
A empresa comprométese a dispoñer de condutores con formación específica, persoal de reforzo e protocolos de continxencia ante incidencias. Inclúe tamén un plan de seguimento con enquisas anuais e informes periódicos. O contrato contempla que, ao rematar o prazo, o vehículo pase a ser propiedade do Concello. O alcalde destacou que este novo servizo gratuíto cumpre un compromiso co rural, mellorando a mobilidade da veciñanza e facilitando o acceso á cidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As obras de mellora da estrada Monforte-Sober entran na súa fase final

Seguinte Nova

O Servizo de Atención Temperá de Quiroga abre as portas ás familias

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss