Pontón pide a dimisión de Rueda pola xestión da vaga de lumes

A portavoz do BNG acusou ao presidente da Xunta de desleixo preventivo e recortes no servizo de extinción
Foto GPBNG.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a dimisión de Alfonso Rueda tras a vaga de incendios que afectou Galicia no mes de agosto. Desde Verín, logo de visitar tamén Monterrei e Oímbra, acusou ao presidente da Xunta de chegar tarde na prevención, no despregamento do dispositivo e na resposta á emerxencia, lembrando que coincidiu coa súa presenza nun acto político en Pontevedra cando xa ardía parte do territorio.
Pontón responsabilizou directamente ao Executivo galego pola falta de medios e pola redución de efectivos no servizo de extinción respecto a 2008, ademais de desatender recomendacións de expertos que pedían reforzar a dotación en Ourense. Criticou igualmente a redución temporal das franxas de protección arredor dos núcleos de poboación e a insuficiencia dos fondos de prevención, cun 80% das solicitudes de comunidades de montes sen atender na última convocatoria.
A líder nacionalista advertiu de que, segundo as súas cifras, a Xunta deixou sen executar este ano máis de once millóns de euros destinados á prevención, e denunciou que a situación evidencia anos de desmantelamento das políticas forestais.
Presentou o plan “Da Cinza á Vida”, que propón duplicar fondos de prevención en dous anos, crear un plan de emprego verde con 50 millóns de euros, ampliar as franxas de protección a 100 metros e aprobar plans de ordenación forestal antes de 2026, así como incrementar brigadas de intervención rápida e vixilancia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Viñobus

Seguinte Nova

Besteiro criticou a xestión da Xunta nos incendios e reclamou máis recursos para o rural

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss