Remata en Quiroga a exposición itinerante do Ano Xubilar Romano

O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, visitou a exposición xunto a Jesús Río, párroco do santuario quirogués da Ermida que preparou a mostra; o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e representantes da Diócese de Lugo, entre outros. Foto RTMQ.

A Casa da Cultura de Quiroga acolleu ata o venres 29 de agosto a exposición itinerante sobre o Ano Xubilar Romano 2025, patrocinada pola Xunta. A mostra reuniu dez paneis, vitrinas e outras pezas que permitiron achegar ao público o contido da bula Spes non confundit e diversos elementos vinculados á tradición cristiá dos xubileos, coñecida en Galicia sobre todo pola súa versión compostelá.
Na visita institucional participaron o director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández; o párroco da Ermida, Jesús Río, responsable da preparación da mostra; o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e representantes da Diócese de Lugo. O proxecto contou tamén co apoio da Secretaría Xeral da Lingua pola súa contribución á promoción do galego en ámbitos sociais como o relixioso.
Tras a súa estadía en Quiroga, a exposición continúa o seu percorrido por Galicia ata a clausura do Ano Xubilar, prevista para o 6 de xaneiro de 2026. A seguinte parada será na igrexa de San Xoán de Becerreá, do 9 ao 20 de setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Servizo de Atención Temperá de Quiroga abre as portas ás familias

Seguinte Nova

San Clodio despide o campamento de verán cunha chamada contra as cabichas

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss