Rueda chama á unidade para avanzar na recuperación tras os incendios

O presidente da Xunta, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e da conselleira do Medio Rural, María José Gómez no Centro de Coordinación. Foto GPXG.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo un chamamento á unidade social e política no tradicional acto de inicio do curso político celebrado en Cerdedo-Cotobade, marcado nesta ocasión polo recordo dos incendios forestais de agosto. Rueda destacou que Galicia “se axuda cando máis falta fai” e sinalou que a Comunidade xa está no camiño da recuperación grazas ás axudas publicadas pola Xunta no Diario Oficial de Galicia, dispoñibles desde o 1 de setembro.
Segundo explicou, estas achegas non teñen límite orzamentario e cubrirán as necesidades ata “onde faga falta”, amparadas pola estabilidade dos Orzamentos autonómicos. Ao tempo, reclamou maior dilixencia ao Goberno central na tramitación das súas axudas para os afectados.
Rueda agradeceu publicamente o labor dos profesionais de extinción, voluntarios e veciños, así como a colaboración de líderes doutros territorios. Tamén recoñeceu o traballo dos medios estatais despregados en Galicia. “Todos eles fixeron un grandísimo labor que era de xustiza salientar”, afirmou.
Na súa intervención, o presidente estivo acompañado polo líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, e aproveitou para subliñar a disposición do PPdeG a seguir contribuíndo á estabilidade política e á recuperación do país.
Pola súa parte, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, insistiu en que a prioridade segue sendo conter os lumes e atender as familias afectadas, criticando a utilización política da traxedia por parte doutras forzas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Besteiro criticou a xestión da Xunta nos incendios e reclamou máis recursos para o rural

Seguinte Nova

Xoan Guerreiro expón en Monforte Hora (aproximada) de chegada, cuxos motivos principais son as estacións e os trens

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss