Sober opta á Bandeira Verde que recoñece as boas prácticas na conservación do patrimonio naturale a paisaxe

O galardón pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural. Foto ARQUIVO.

O Concello de Sober participa este ano na sexta convocatoria da Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento creado polo Instituto de Estudos do Territorio en 2020 para distinguir a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da contorna e do patrimonio natural. A convocatoria deste 2025 conta con 36 municipios aspirantes, sendo 8 da provincia de Lugo. A concesión das bandeiras terá lugar despois do verán, atendendo ao cumprimento dos criterios de valoración sobre educación ambiental, xestión de residuos, eficiencia enerxética e posta en valor do territorio. Sober, que xa obtivo o distintivo na edición anterior, busca agora revalidalo, podendo utilizar o galardón durante un ano e reforzando a súa candidatura a futuras axudas en materia de patrimonio e sustentabilidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cadeiras acolleu a xornada xubilar do Ano Santo 2025

Seguinte Nova

O Club de Xornalistas Galegos en Madrid promociona a Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss