A Deputación de Lugo investirá máis de 900.000 euros en melloras viarias na provincia

A Deputación deu luz verde á adxudicación das obras de rehabilitación do firme de 6 vías provinciais, entre elas as estradas LU-P-4102, LU-P-3202 e LU-P-3208 ao seu paso polos concellos do Saviñao e Pantón. Foto GPDL.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por 905.843,87 euros destinados á mellora da mobilidade e ao mantemento de servizos da provincia. O paquete inclúe actuacións en sete estradas provinciais situadas nos concellos de Palas de Rei, O Saviñao, Pantón, Barreiros, O Corgo e Navia de Suarna, ademais de contratos para o mantemento da maquinaria do Parque Móbil e da Granxa Gayoso Castro.
En Palas de Rei licitouse por preto de 95.000 euros a rehabilitación dun treito urbano da LU-P-2901, de 816 metros, entre o cruce coa N-547 e a rúa Agro do Rolo. As obras, cun prazo de tres meses, inclúen melloras de drenaxe, afirmado e sinalización.
No Saviñao e Pantón, a empresa Fevisa Vías y Obras SL acometerá por 118.000 euros a mellora de distintos tramos das estradas LU-P-4102, LU-P-3202 e LU-P-3208, fundamentais para a comunicación da Ribeira Sacra. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e reposición da sinalización.
En Barreiros, Construcciones Isidro Otero SL intervirá por 206.355,82 euros na LU-P-0610, que conecta as praias de Altar, Reinante e As Catedrais. As actuacións abranguen un tramo urbano de 1,3 quilómetros con melloras de drenaxe, iluminación, aglomerado en quente e sinalización.
No Corgo, a empresa Francisco Gómez y Cía SL executará por 140.942 euros a rehabilitación dun quilómetro e medio da LU-P-1611, coñecida como cinto comarcal, entre Camposo e Pacios. O proxecto abrangue a repavimentación, o pintado da vía e a reposición da sinalización vertical.
En Navia de Suarna, Hordescón SL recibirá 324.772,05 euros para mellorar a LU-P-3506, que conecta Louxas co límite asturiano. Os traballos, cun prazo de tres meses, inclúen a reapertura de cunetas, aglomerado en quente e nova sinalización.
Ademais, a Deputación aprobou licitar por 21.000 euros o contrato de mecanizado do Parque Móbil, con vixencia inicial dun ano prorrogable ata catro, e por 18.000 euros o servizo de mantemento de tractores e maquinaria da Granxa Gayoso Castro, garantindo o bo funcionamento dos equipos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As rutas fluviais da Ribeira Sacra superan os 32.000 viaxeiros no verán

Seguinte Nova

Clausurado en Monforte o XII Campus de Voleibol Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss