
Sen querer entrar en polémicas, que agora todo tende enseguida a xerar controversia pola extrema hipersensibilidade que hai co tema do cambio climático, hai que recoñecer que este verán foi especialmente caloroso e seco. Os incendios e a fumareda que nos asolagou este mes de agosto, tamén contribuíron a esa sensación de afogo e bochorno. Pero seguro que os máis veteranos (e digo ben, veteranos que non venerables anciáns aínda) poderiamos lembrar o cheiro do asfalto derretido pegado ás nosas zapatillas cando nenos. Xa o dicía Radio Futura. Hai tribos ocultas preto do río.





