As Cores do Outono chega á súa undécima edición o 27 de setembro

O alcalde Xosé Lois Maceda e a concelleira de cultura Marián Martínez xunto coa deputada Iria Castro, presentaron na área recreativa de Samugueiros o cartel do festival. Foto GPCAPB.

O Concello da Pobra do Brollón presentou o martes 19 de agosto o cartel da undécima edición do festival As Cores do Outono, que terá lugar o sábado 27 de setembro na área recreativa de Samugueiros. O anuncio fíxose coa presenza do alcalde, Xosé Lois Maceda, a concelleira de Cultura, Marián Martínez, e a deputada Iria Castro. O programa inclúe tres propostas que combinan tradición e innovación: Carmela, Lideira e Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre. Díaz, cunha traxectoria de máis de tres décadas, ofrecerá un concerto marcado polo baile. Carmela, integrado por Carme López, Camille Hedouin e Sara Méndez, propón unha fusión de tradición oral e sons contemporáneos. Pola súa banda, Lideira, con Lois Prado, Gabi Reboredo e Sara Méndez, presenta unha proposta singular baseada en voces, percusión e ventos. Os concertos comezarán ás 21:00 horas e incluirán tamén postos de artesanía, bebida e comida. Antes, celebrarase un obradoiro de baile tradicional dirixido por Gabi Reboredo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un programa piloto abre oito igrexas románicas na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

As visitas guiadas do programa «Déixate Guiar» seguen abertas ata o 14 de setembro

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss