José Antonio Sánchez Diéguez celebrou o seu 100 aniversario en Chantada

Foto GPCCH.

José Antonio Sánchez Diéguez, veciño de Castiñeira, en Sabadelle, celebrou o seu 100 aniversario acompañado da visita institucional do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e da concelleira de Servizos Sociais, Mª Cándida Carnero. O centenario, que vive só desde o falecemento da súa esposa, mostrouse agradecido polo encontro e recibiu tamén a felicitación da empresa do Servizo de Axuda no Fogar, así como dos sobriños e demais familiares. Durante a visita, explicou que se atopa ben de saúde malia os problemas de vista e que mantén o costume de viaxar a Chantada sempre que pode, confiando no mesmo taxista para os desprazamentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de Chantada destaca o éxito das Festas Patronais

Seguinte Nova

A Xunta condiciona a aprobación ambiental da nova planta de combustibles de Sarria ao cumprimento de medidas de protección

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss