O alcalde de Chantada destaca o éxito das Festas Patronais

A Festa da Empanada no Campo do San Lucas marcou o peche a seis días de intensa programación festiva. Foto GPCCH.

As Festas Patronais de Chantada, celebradas do 21 ao 26 de agosto en honra á Virxe do Carme, pecháronse cun balance moi positivo por parte do goberno local. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, cualificou esta edición como “o mellor ano de asistencia de público”, asegurando que nunca se vira tanta xente na vila nin nas actividades principais, como a Festa da Empanada. “Saíu todo extraordinariamente ben, felicitei ao concelleiro de Cultura e a todo o persoal do Concello que colaborou no bo desenvolvemento das Festas porque saíron redondas”, afirmou.
O rexedor incidiu tamén na importancia que estes días tiveron para a proxección exterior de Chantada. Xa en xullo, segundo sinalou, se notara un incremento notable de visitantes, pero durante as Patronais a afluencia foi especialmente elevada. “Nunca vira tanta xente en Chantada e todo o mundo falando marabillas. Chantada é un polo de atracción turística, cada vez nos visitan máis e nos coñece máis xente”, declarou.
Varela puxo como exemplos de elementos que chamaron a atención do público o paseo fluvial, a zona antiga da vila, os balcóns engalanados, o Folión de Carros e a contorna da Ribeira Sacra. O alcalde insistiu en que a boa acollida das festas reforza a imaxe de Chantada como destino cultural e turístico, e agradeceu a implicación da veciñanza e do persoal municipal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Polémica polo convenio eólico asinado coas promotoras dos macroparques

Seguinte Nova

José Antonio Sánchez Diéguez celebrou o seu 100 aniversario en Chantada

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss