O barrio da Estación perde outro símbolo da súa identidade

Foto MONTERO

É verdade que todo o barrio da Estación xa non é o que algún día foi, que xa cada vez son menos os monfortinos que viven nel, coa desaparición do tren e con el os postos de traballos, foron pechando os ultramarinos, as mercerías, as peixarías, as carnicerías, os bancos, as confeiterías, as fondas, as librerías… Seguen resistindo as lastras da rúa Coruña, que ata o de agora evitaron a propensión ao asfalto do equipo de goberno municipal, tamén o Colexio Ferroviario, aínda que xa apenas hai fillos de ferroviarios ou de gardas civís nas súas aulas. E agora tamén perdemos outro aceno de identidade, eses farois da Plazuela da Estación, cun certo toque Art Decó, atemporais, lembrándonos a algúns o que fomos noutro tempo. Todo cambia, e todo flúe. Nada permanece.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Dinasaurios

Seguinte Nova

A Xunta activa un amplo paquete de axudas para vivendas, explotacións e empresas afectadas polos incendios

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss