Os Dinasaurios

FOTO MONTERO

E seguindo con Radio Futura, fai moitos, moitos anos, non vou falar de Anabel Lee, senón de que en Monforte, organizouse un pioneiro festival co orixinal nome de Rockforte, e nel participamos, os grupos que había, algúns fantásticos con moi bos músicos (o Pipas, Fran Mediaplaca, Robisco, Rios Torre), outros proxectos incipientes como os Yellow Pixoliñas, que logo tiveron unha boa traxectoria, e logo están aqueles que non merezan ser lembrados, entre eles, La Huella, o grupo no que eu cantaba (tentaba cantar) e tocaba a guitarra (aprendía a tocar), e do que tamén formaban parte Martín ao baixo, o Cego á batería e o Tiji á outra guitarra. E aínda que o tempo pasou, a música segue formando parte das nosas vidas. Por iso puidemos ver ao Tiji, Juan Carlos, co seu grupo os Dinosauros o pasado mes de agosto. Non cabe dúbida de que o nome e o look elixido son adecuados. E de que agora é tan bo músico como aqueles.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arde a rúa ao sol de Poñente, ven á Escola De Calor

Seguinte Nova

O barrio da Estación perde outro símbolo da súa identidade

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss