Sarria acolle a campaña “Non camiñas soa” para previr violencias machistas no Camiño

Foto GPSGL.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presentou a campaña “Non camiñas soa”, unha iniciativa que busca garantir un Camiño de Santiago libre de violencias machistas. O acto contou coa presenza do alcalde, Claudio Garrido, da xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, María Luisa Castro, así como de representantes das forzas de seguridade e do concello. O programa, promovido polas unidades contra a violencia de xénero das comunidades polas que discorren as rutas xacobeas, pretende reforzar a protección das peregrinas, facilitando información, contactos de emerxencia e recursos de apoio. Acampaña abrangue 377 puntos na provincia, con carteis e tarxetas en español e inglés. En Sarria o material está dispoñible no posto da Garda Civil, na Policía Local, en cinco farmacias, 29 albergues, dúas oficinas de turismo e no centro de saúde. As tarxetas inclúen teléfonos de contacto, referencias á aplicación AlertCops e un código QR con acceso a recursos do Ministerio de Igualdade. Rodríguez salientou que en 2024 as mulleres representaron o 53 % dos peregrinos, con 254.677 camiñantes, polo que “esta realidade reforza a necesidade de iniciativas como esta”. A subdelegada agradeceu a implicación de corpos de seguridade, sanitarios e responsables de albergues, “puntos de referencia clave para transmitir mensaxes de prevención e apoio”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta condiciona a aprobación ambiental da nova planta de combustibles de Sarria ao cumprimento de medidas de protección

Seguinte Nova

Entrevista a Carlos Julio González

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss