A IV Festa da Vendima de O Saviñao encheu Escairón de viño, música e tradición

O Alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, pisando uvas de xeito tradicional. Foto COS.

A IV Festa da Vendima de O Saviñao reuniu a veciños, visitantes e produtores na Devesa de Escairón, un espazo natural que serviu de escenario á celebración da tradición vitivinícola e agroalimentaria da Ribeira Sacra. Na inauguración participaron autoridades locais e autonómicas, entre elas o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos que salientou o valor deste tipo de celebracións para dar visibilidade á riqueza cultural e natural da Ribeira Sacra e reforzar a súa candidatura a Patrimonio Mundial. Con todo, o protagonismo recaeu nos produtores, artesáns e artistas que fixeron posible que os asistentes vivisen experiencias auténticas ligadas á tradición e á creatividade local.
As actividades enogastronómicas incluíron catas de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e degustacións de produtos amparados por selos de calidade, como a IXP Tenreira Galega.
A programación completouse con espectáculos musicais que combinaron tradición e modernidade, creando un ambiente festivo que permitiu descubrir a cultura da Ribeira Sacra desde diferentes perspectivas.
Tamén tivo un papel destacado a artesanía, coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia por segundo ano consecutivo. A entidade organizou obradoiros gratuítos abertos a todos os públicos, entre eles o de iniciación ao torno cerámico impartido por Carlos San Claudio, así como sesións de gyotaku e de cianotipias, un procedemento fotográfico que emprega a luz solar para crear imaxes en azul prusiano, dirixidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os incendios de Pantón e Sober arrasan máis de 2.000 hectáreas no corazón da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O CSHG impulsa a formación para mellorar a competitividade do sector turístico

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss