A Xunta entrega dúas novas vivendas públicas en alugueiro

As propiedades entregadas contan con tres dormitorios, garaxe e rocho, e a Xunta recorda a liña de axudas para afectados por incendios. Foto GPXG.

Quiroga ampliou esta semana a súa oferta de vivenda pública cunha entrega de dúas casas situadas na rúa Tallos, ambas de 82 metros cadrados e equipadas con tres dormitorios, praza de garaxe e rocho. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, estivo presente no acto de adxudicación das chaves aos beneficiarios.
Arias explicou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pon en marcha de inmediato o procedemento para ofertar novamente unha vivenda tan pronto como queda vacante, seguindo os listados municipais de demandantes, nos que calquera persoa pode inscribirse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, tanto en liña como de forma presencial.
Durante o acto, o delegado tamén lembrou a existencia dunha nova liña de axudas para rehabilitación de vivendas afectadas polos incendios, con contías de ata 150.000 euros para vivenda habitual e 71.400 para segunda residencia, incluíndo mobles e enxoval doméstico. Quiroga dispón dunha das 16 oficinas da comunidade destinadas a asesorar ás persoas interesadas e facilitar a presentación das solicitudes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga recibe 250.000 euros da Deputación de Lugo para mellorar núcleos rurais e servizos

Seguinte Nova

Vicepresidencia da Deputación presenta o programa de axudas á gandería «O que non arde»

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss