
Bóveda foi escenario do acto de clausura do obradoiro dual de emprego que contou coa participación de veciños e veciñas de este municipio, do Incio e da Pobra do Brollón. A actividade desenvolveuse durante nove meses e recibiu financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por valor de 412.000 euros. Os participantes recibiron formación teórica e realizaron prácticas en instalación e mantemento de xardíns e centros de xardinería. En Bóveda actuouse en miradoiros, parques e rutas locais; no Incio melloráronse áreas recreativas e espazos verdes; e na Pobra do Brollón acondicionáronse zonas de sendeirismo e instalacións para visitantes.
O delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, salientou a utilidade destes obradoiros para facilitar a inserción laboral dos alumnos e a súa preparación en sectores con demanda profesional.•





