
O Concello de Monforte informou dos cortes de tráfico na Praza da Estación derivados das obras de mellora da accesibilidade na terminal ferroviaria, promovidas por Adif e executadas pola empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. A Xunta de Goberno local, na sesión do 15 de setembro, autorizou a planificación en dúas fases para manter sempre algún acceso ás vivendas e á propia estación. O dispositivo contempla a colocación de pasarelas que permitan o paso seguro de peóns, incluídas persoas con mobilidade reducida. Tamén se garantirá o acceso ao garaxe do hotel, ao Centro Municipal de Tratamento de Drogodependencias e ás naves da estación. Ademais, habilitouse unha parada provisional de autobuses e taxis na rúa Leopoldo Calvo Sotelo.•





