
Esperábase moito deste novo Club Lemos, pero logo do brillante partido gañado na primeira xornada ao Choco, os empates en casa ante Porriño e Vilalonga deixaron fría á sufrida afección lemista, que este ano quere pelexar polos postos de ascenso. A próxima xornada agarda xa o At. Arnoia.





