Luz verde ambiental para o desdobramento do corredor Lugo-Sarria

A Xunta emite DIA favorable ao tramo Nadela–A Pobra de San Xiao, cun custo previsto de 34,7 millóns

Este tramo é o último pendente para completar o desdobramento do corredor que conecta a cidade de Lugo e Sarria. Foto Arquivo.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu declaración de impacto ambiental favorable á conversión en autovía do tramo Nadela–A Pobra de San Xiao.
O proxecto, queda condicionado ao cumprimento dun programa de vixilancia ambiental.
A resolución conclúe que a actuación é viable sempre que se respecte a protección da atmosfera, saúde, patrimonio, hábitats e cursos fluviais.
Esta intervención supón a segunda fase do desdobramento do corredor Lugo–Sarria, tras a apertura en 2022 do tramo A Pobra–Sarria. Os 13,5 quilómetros entre Nadela e A Pobra implicarán a construción de dous viadutos, trece pasos inferiores, cinco muros de contención e un investimento estimado en 34,7 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Casa da Cultura de Chantada acolle unha mostra pictórica de Jordi Montava

Seguinte Nova

Sarria reuniu máis de cen vehículos clásicos na súa quinta concentración

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss