O BNG reclama responsabilidades e unha comisión de investigación pola vaga de incendios

Ana Pontón, durante a súa visita ás zonas afectadas de Quiroga e A Pobra do Brollón, vincula a xestión da Xunta co agravamento dunha catástrofe ambiental. Foto GPBNG.

A vaga de incendios que arrasou Galicia a finais de agosto en concellos como Quiroga e A Pobra do Brollón, e que se repetiu días atrás en Sober e Pantón, volveu situar no primeiro plano a política de prevención e loita contra o lume. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou as zonas máis afectadas e cualificou os lumes como unha “auténtica catástrofe ambiental, social e económica”. Na súa intervención avanzou que a formación nacionalista reclamará responsabilidades ao Goberno de Alfonso Rueda e urxiu a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego para analizar os fallos na xestión.
Pontón puxo sobre a mesa máis de medio cento de medidas recollidas no plan integral “Da cinza á vida”. Entre elas, a ampliación a 100 metros das franxas de protección arredor de vivendas e núcleos, para o que pediu un fondo extraordinario da Xunta. Defendeu tamén unha nova ordenación forestal baseada en mosaico, con menor presenza de especies pirófitas e maior diversificación de usos do monte.
A líder do Bloque reclamou incrementar as axudas para vivendas afectadas até os 200.000 euros, habilitar unha liña de 6.000 euros para autónomos e recoñecer o lucro cesante nas explotacións. Considerou insuficientes as medidas aprobadas polo Executivo autonómico e acusou ao PP de ter desmantelado nos últimos 16 anos políticas clave na loita contra o lume, deixando incluso sen executar 11 millóns en prevención.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribeira Sacra Next celebra eleccións para renovar a súa Xunta Directiva

Seguinte Nova

O PSdeG denuncia un ataque con pintadas na súa sede provincial

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss