O CSHG impulsa a formación para mellorar a competitividade do sector turístico

A oferta inclúe cursos de idiomas, accións en dixitalización e especialización en restauración en colaboración co INGAVI

Como novidade, este ano desenvolveranse catro accións formativas presenciais en enoloxía en colaboración co Instituto Galego do Viño. Foto GPXG.

Turismo de Galicia puxo en marcha o Plan de Formación 2025 do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), orientado a reforzar a competitividade do sector turístico. A programación abrangue cursos de idiomas, accións en transformación dixital e actividades presenciais de especialización en restauración e bebidas.
A oferta en idiomas inclúe cursos de francés, italiano e alemán de nivel principiante (A1) e portugués de nivel elemental (A2), todos cunha duración de 75 horas, 100 prazas dispoñibles e inicio o 29 de setembro. Tamén se convocan 12 niveis de inglés específico para o sector turístico, con 100 prazas, que arrancarán o 7 de outubro. O prazo de inscrición remata o 24 de setembro.
No ámbito dixital, o plan contempla un ciclo de cinco webinars titulados Novidades IA, tendencias e ferramentas que marcan o futuro da xestión turística, previstos entre setembro e novembro con 100 prazas. Engádese o videocurso O poder da IA para transformar o turismo en Galicia, de 150 horas e inscrición aberta ata abril de 2026 con prazas ilimitadas.
A programación complétase cunha colaboración co Instituto Galego do Viño (INGAVI), prevista para o último trimestre do ano. Inclúe 80 prazas repartidas en catro propostas presenciais: os cursos de Coctelería e Gastronomía Líquida e de Xestión e Dirección de Sala, ambos de 24 horas, xunto coas MasterClass “Gin Tonics perfectos” e “Que viño elixir para o Nadal”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A IV Festa da Vendima de O Saviñao encheu Escairón de viño, música e tradición

Seguinte Nova

O programa «Descubrir Quiroga», galardoado nos premios provinciais ao turismo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss